Invocación a Clio

NA MIÑA vila, houbo un alcalde que se negou a tomar posesión do seu cargo e que alegou como insólito, inédito e sorprendente motivo, que estaba recén casado. Ben é certo que estamos falando de finais do século XVII, pero mesmamente por iso resulta especialmente relevante o caso, entre outras moitas razóns coas que poderiamos especular. porque quizais esteamos perante un precursor do hoxe operativo e progresista principio de compatibilizar a vida familiar coa laboral. e xa que logo a política neste caso. Ocorre. que ninguén tomou a iniciativa de renderlle unha homenaxe a este verdadeiro precursor, seguramente bastante máis merecente de rotular unha rua co seu nome, antes de entrar a repasar con lupa de grande aumento as numerosas celebridades cuxo mérito queda constrinxido ao que antes se chamaba turno de consorte. e hoxe compartir o tálamo nupcial. Non lle serviu de nada ao infausto D.Gaspar Menéndez de Navia yVillamil, xa que a autoridade competente ameazou con prendelo. e tampuco resultou agrazado co xuízo da historia, pois xa se sabe do carácter vertolán, cando non vengativo, das sucesivas corporacións e dos seus fámulos. empeñadas moitas veces en pasar á historia a base de esvaer o pasado máis próximo. Fagamos constar como descargo, se preciso for, que non é a primeira vez que nos ocupamos do caso en letra impresa, mesmo de carácter máis permanente que un sinxelo artículo de prensa.

O asunto veunos ao maxin por mor de moi recentes acontecimentos, concretamente o caso dunha aspirante a deputada. que se nega a ceder o seu futuro escano. ainda a pesar de que ía vencellado a un acordo asinado polo seu grupo político. Percurábamos antecedentes exemplares e este é un, para que se vexa que navegar polo proceloso mar da historia. non só deixa casos espectaculares no eido máis retardatario, senón tamén actitudes merecentes de emulación. Nun e noutro, sabemos a conclusión final, pero ignoramos os motivos que empuxan tan trascendentes decisións, ainda que no caso máis actual resulta relativamente doado alumear as zonas de sombra.

Comecemos por sinalar que a disxuntiva valorativa entre a cabeza do rato e o rabo do león. non é de pertinente aplicación neste caso, tendo en conta que. a vocacional aspirante a integrar o grupo mixto do Parlamento, do mesmo xeito que o seu predecesor. accederon á sua situación mercé á intercesión providencial de quen lidera a coalición e, no caso da señora postulante, como integrante dun partido comunista que, independentemente de non contar coa nosa simpatía -e non unicamente por razóns de domiclio social-, ten unha historia admirable por comportamentos éticos impecables, cuxa traxectoria non se deberia crebar. E se a crenza na propia valía é tan premente, e a certeza da representatividade tan alta, ofreéceselle a posibilidade de medilas encabezando unha candidatura independente, naturalmente. En fin, vai gañando D. Gaspar, e iso que ainda non escintilaran as luces da Ilustración.

Comentarios