Interpretación da lei

AS LEIS SON case todas interpretativas. Dise que na Constitución, excepto o de poder votar con 18 anos, todo é relativo, para que se poida adaptar ás circunstancias maioritarias do momento. Por iso é tan importante para os partidos ter nos máis altos tribunais (Constitucional, Supremo) maxistrados próximos aos seus postulados. Logo das novas incorporacións ao Constitucional, a tendencia agora é conservadora; entón é doado aventurar o matiz das resolucións, que arrastra unha evidente carga política. Como cando un xuíz ditamina que unha multa de tráfico non é válida por estar o sinal en galego, a pesar de que os símbolos sexan perfectamente identificables e calquera condutor poida entender que alí non se pode aparcar. Así o infractor aproveita a conxuntura para evitar pagar a pesar da inobservancia da norma e o encargado de impartir xustiza deixa a súa mensaxe interpretativa. Nítida.

Comentarios