Instantes da historia chairega

CHA1009P2F3.JPG
photo_camera CHA1009P2F3.JPG

O Iescha abre no auditorio Carmen Estévez a sexta mostra ‘Tal como eramos’, unha colección de 230 fotografías que retratan o pasado da comarca chairega na primeira metade do século XX, coas súas paisaxes e as súas xentes.

instantes de vida que conforman a historia, dunha vila e das súas xentes. Pequenos momentos. Eso é ‘Tal como eramos’, a sexta mostra de fotografías antigas que acaba de abrir o Iescha no auditorio municipal de Vilalba co fin de achegar o pasado e os recordos á memoria dos máis maiores e ós ollos dos máis novos.

A sexta edición da mostra, composta por 230 fotografías, é parte da memoria gráfica da comarca chairega e ó mesmo tempo unha homenaxe a un dos grandes colaboradores desta iniciativa e un socio activo do Iescha, o recentemente falecido Bernardo García Cendán.

«Quixemos adicarlle a el a mostra, entre outras moitas cousas, polo seu labor, porque estaba moi involucrado e era a persoa que poñía en contacto a moitas outras co Iescha, ademais de ser fundamental para o traballo de documentación das fotografías», explica Chema Felpeto.

Consiga AQUÍ la información completa

 

 
 

 
0'0 (0 votos)

Comentarios