«A inscrición aínda estará aberta ao longo de todo o día de hoxe»

MAR0505P14F8.JPG
photo_camera MAR0505P14F8.JPG

Cantos anos leva O Rincón de Mondoñedo organizando este campionato de tute?
Xa levamos doce edicións e a cita está tan consolidada que xa se pode dicir que falamos dun clásico na cidade.

Cando está previsto que empecen as partidas?
O vindeiro xoves, ás dez da noite. As persoas interesadas en anotarse aínda poden facelo ao longo do domingo no teléfono 676.78.73.00 ou ben no propio bar. A inscrición custa 40 euros por cada parella.

Cantas parellas adoitan participar cada ano?
Normalmente contamos con dez ou doce que van xogando unha partida cada semana. Como é un sistema de liga, o torneo pode durar ata dous meses.

Cales son os premios que se van repartir?
Hai estipulados premios para os tres primeiros clasificados que non son económicos, senón que se entregan trofeos. Ademais todos os participantes reciben algún agasallo para que lles quede un recordo da cita. A entrega faise no transcurso dunha cea no propio Rincón que tamén se organiza todos os anos.

 

Comentarios