Inimigas íntimas

A serie Feud (HBO) está contando a íntima rivalidade entre as actrices Bette Davis e Joan Crawford. María Valcárcel cóntanolo.

Nacho Mojón fai un reconto das ausencias que a emigarción provocou na súa familia.

Antonio Costa lembra a Pushkin co gallo dunha viaxe que realizou á cidade armenia de Dilijin.

Javier Nogueira comenta un curioso ensaio sobre Italia analizada por Helena Attlee dende o punto de vista dos limóns.

Portorosa está lendo Viajes con Charlie,  de John Steinbeck, e reflexiona sobre o vacío sentimental que todos debemos encher.

Manuel Gago fai unha visita ao patrimonio e á gastronomía da Ribeira Sacra.

Jaureguizar descubre a Chicho Sánchez Ferlosio e confirma a súa visión sobre Francisco Rodríguez.

Comentarios