Imputan a un guardia civil por decir que otro puso 200 multas irregularmente

A xustiza admitiu a trámite unha querela que puxo o sindicato Unión de Oficiales de la Guardia Civil contra o axente con base en Burela Manuel Mato, que é o secretario xeral doutro sindicato do corpo, Unión de Guardias Civiles. Terá que comparecer como imputado por dicir publicamente en novembro do 2012 e en maio do 2013 que un garda civil «en situación irregular» impuxo máis de 200 sancións de tráfico coa connivencia do capitán xefe do Subsector de Tráfico da Garda Civil da Coruña, que supostamente lles daba trámite.

Dende a Unión de Oficiales din que eles mesmos indagaron estes feitos e comprobaron en base a documentos que non había nada irregular no caso. Por contra, aseguran que constataron a inexactitude do que afirmaba o axente con base en Burela. «Es falso que el capitán de Tráfico de A Coruña haya permitido la tramitación de más de 200 denuncias formuladas irregularmente, pues esas denuncias no han sido formuladas por ningún guardia civil en situación irregular», afirman, e explican que o axente ao que se fai referencia «sufrió un cambio en su situación administrativa, pasando a la situación de reserva».

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios