Impulsada pola pureza ou polo rancor?

ESTÁ claro que amor e odio están separados por unha liña extremadamente fina. De feito, non hai máis ca rastrexar a maioría das separacións para decatarse diso. É cuestión de segundos o paso do «cariño, canto te quero» ao «agardo que caian sobre ti todos os males do universo» unha vez comprobado que a reconciliación é imposible. E ese cambio transfórmase en guerra na que todo vale con tal de ferir a quen noutrora se amou. O paradigma desta evolución é unha rapaza que mentres gozou da bonanza que facilitaba o uso de billetes de 500 euros acumulados polo seu noivo fillo dun ex presidente autonómico non denunciou a pesar de sospeitar da procedencia de actividades ilícitas, segundo declaracións posteriores. Pero logo de quebrarse a relación facilitoulle a información a unha líder política incluso antes que ao xulgado. Entón que é? Estandarte anticorrupción ou só noiva rancorosa?

Comentarios