martes. 17.09.2019 |
El tiempo
martes. 17.09.2019
El tiempo

Importan os partidos máis que os votantes

NON SE trata dunha loita polos votos dos cidadáns, senón de situarse no partido. Podería estar falando de cando se achegan as eleccións xerais e as ambicións concéntranse arredor dos líderes para ocupar un bo posto nunha lista. Pero do que trato é das deputacións, esas institucións decimonónicas nas que os representantes non son elixidos polos cidadáns, senón indirectamente polos partidos segundo o reparto por xulgados, e non os actuais, senón os anteriores a 1987. Aí chega o anacronismo. O decisivo é colleitar o apoio de quen toma as decisións de organizar o escalafón, non dos veciños que depositan o seu sufraxio. O sistema funciona así, porque así se determinou na Transición, darlle poder aos partidos para facilitar gobernabilidades e frear transfuguismos, pero 40 anos despois o que daquela valía agora está en entredito. Mentres, as aspirantes do PP de Lugo buscan alcaldes, non cidadáns.

Importan os partidos máis que os votantes
Comentarios