Imaxes que valen por mil lembranzas

O Iescha promove unha nova edición da súa tradicional mostra de fotos antigas, 'Tal como eramos', que alcanza a súa oitava edición

Feiras e festas, actos relixiosos, celebracións, deportes, Entroido, paisaxes e recantos, grupos, paseos, nenos... Son moitos e moi variados os temas que se poden observar no total de 234 fotografías que compoñen a oitava edición da exposición 'Tal como eramos. Fotos para o recordo', impulsada unha vez máis polo Instituto de Estudios Chairegos (Iescha) e que poderá verse no auditorio municipal de Vilalba ata o vindeiro 23 de setembro.

Son moitos os inmortalizados para o recordo netas imaxes e, entre todos eses protagonistas, hai un moi especial, o coñecido e recoñecido escritor vilalbés Agustín Fernández Pa, finado o pasado mes de xullo e a cuxa memoria está dedicada a exposición.

Como é tradición, tanto as fotos desta mostra coma as da futura 'Tal como eramos IV' de Guitiriz, que se celebrará no outono, estarán incluídas no Caderno de Estudos Chairegos, do que o Iescha editará o oitavo número polo Nadal.

Comentarios