Ignacio Vilar presenta a súa última película en Mondoñedo

Vilar, Arán, Yañez e Riós, onte, en Mondoñedo. (Foto: José Mª Álvez)
photo_camera Vilar, Arán, Yañez e Riós, onte, en Mondoñedo. (Foto: José Mª Álvez)

O director e produtor galego Ignacio Vilar presentou onte en Mondoñedo a súa última película, ‘Vilamor’, na que recrea a historia real da comuna que nos anos setenta se formou en Negueira de Muñiz. A cidade mariñana tamén foi elexida polo equipo da película para botar a andar a Caravana Vilamor na comarca, unha maneira de distribución e de promoción vila a vila e cidade a cidade que xa foi posta en marcha coa estrea de ‘Pradolongo’.

Nesta ocasión a estratexia será de novo ir buscar ó público para ensinarlle as posibilidades do cine galego, pero moito máis reforzada: o director e os tres actores protagonistas -Rubén Riós, Sabela Arán e Xoel Yañez- percorrerán Galicia-hoxe entre as 12.00 e as 14.00 horas están en Ribadeo- durante dous meses visitando máis de 250 centros de ensino e outras tantas asociacións e colectivos. Neste sentido xa estiveron onte no IES de Foz e no Monte Castelo de Burela. Tamén se organizarán festas en cada unha das setes cidades galegas para as que se venderán entradas que incluirán invitacións para ir ó cine e por suposto buscarase ó público máis novo a través dunha páxina web - www.vilamor.eu- e das redes sociais.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios