''A idade non é un problema se practicas''

Oliverio Rodríguez, nunha exhibición en Sarria.
photo_camera Oliverio Rodríguez, nunha exhibición en Sarria.

oliverio rodríguez López iniciouse hai uns «vinte anos» na práctica do taekwondo «sen querer» e agora está preparándose para conseguir o cinto negro, aínda que para este veciño de Sarria o máis importante non é obter un novo grao neste deporte, senón «continuar perfeccionando. adestrando e facendo exercicio».

A súa afección polo taekwondo comezou porque lle gustaba visualmente e porque é un deporte «moi bonito, moi humilde, de moito exercicio físico polos estiramentos e moi bo para a saúde». Nos primeiros anos adestrou cun mestre coreano en Lugo, onde Oliverio Rodríguez, quen naceu en Castro de Rei, residía ata hai un tempo porque tiña un negocio na cidade. A pesar de comezar na corentena asegura que non lle foi difícil coller o ritmo. Posteriormente mudouse a Sarria, de onde é natural a súa muller, e comezou a adestrar no ximnasio Tae Guk da vila.

El é o máis veterano do centro, pero asegura que coa práctica a idade non supón un problema. Iso si, os seus 67 anos impídenlle competir nos torneos de combate, aínda que si o pode facer na modalidade de ‘pumses’. Nesta categoría, que consiste na realización de varios movementos, xa participou en varios campionatos en Galicia e nalgúns logrou subir ó podio. Tamén asistiu a exhibicións, como a celebrada en Sarria dentro da iniciativa Deporte na Rúa. Son actos que lles gustan á xente porque o taekwondo é unha «arte particular»,di.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios