CENTROCAMPISTA DO MONTERROSO

Iago Sobrado: Un gol na Marosa para manter vivas as esperanzas

PRIMEIRA GALICIA
Iago Sobrado, centrocampista do Monterroso. Foto: EX
photo_camera Iago Sobrado, centrocampista do Monterroso. Foto: EX

O Monterroso non ten tregua e os múltiples arrastres fan que, malia non estar entre os catro últimos equipos, teñan que seguir puntuando pola permanencia. Esta xornada conseguiu levarse unha vitoria en Burela grazas a un gol de Iago Sobrado. O centrocampista conseguiu adiantalos no minuto 16 nun saque de esquina. Este é o seu quinto gol no que vai de tempada.