Homenaxe á música do pobo

Actos de investiduras de Mundo Galea no ano 2011. ANTONIO LÓPEZ (ama)
photo_camera Actos de investiduras de Mundo Galea no ano 2011. ANTONIO LÓPEZ (ama)

A asociación cultural Mundo Galea organiza unha gala homenaxe na honra dos músicos do Val do Ouro, unha xornada na que se enmarcan varios actos, entre eles a presentación dun libro sobre as lembranzas musicais da comarca, froito dun exhaustivo estudo na materia. A cita será o vindeiro sábado 27 de xullo a partir das 17.30 horas no instituto de Alfoz-O Valadouro.

O obxectivo que Mundo de Galea persegue con esta iniciativa é «que a música do Valadouro perdure no recordo e sirva como exemplo de superación e de modelo do que poden facer os homes que non regatearon esforzos ata realizar os seus soños, mentres levaban polo mundo adiante con orgullo o nome dos seus pobos», din dende o colectivo sobre este evento único, ao que non lle faltará a parte musical.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios