Homenaxe a Eduardo // Ramón Soilán

Homenaxe a Eduardo
En eterna lembranza para todos os que tivemos a sorte de compartir momentos con el

Na Leira Nova de Cimadevila, a comezos dos oitenta do século pasado, tivo lugar o partido máis emocionante da historia do fútbol. Era unha sesta do mes de xullo, e co mercurio a piques de estourar. O terreo de xogo estaba en perfecto estado; as vacas e as ovellas deixárano coma unha alfombra. A inclinación dun 5% do campo facíao especialmente atractivo para o regate hacia arriba. A portería sur era un polígono irregular de pau de pino. A portería norte eran tres pedras en cada poste en imposible equilibrio. Dun lado con vestimenta ecléctica (pantalón da selección española, camisetas do Real Madrid), o Jose do Toñito, a Geni e o Jose do Servando. Do outro, o Vila e o seu irmán o Carlitos do Vilariño (vestido totalmente de azulgrana, aínda que por aquel entón eu confundía as uniformacións da selección nacional e a do Barça). Como espectadores de luxo, vacas, ovellas e a Laica, unha cadela pastor que as máis das veces chapaba o balón cando este ía directo cara o gol. Ó leste o monte de San Román, ó sur, coma dende un balcón, divisábase o val de Lemos. Coma esférico un balón de plástico transparente pinchado con purpurina no interior.

Cando o partido ía comezar, apareceu saltando o muro o Eduardo, o xogador máis veterano da aldea, por entón uns 30 anos, nós tiñamos 10, aproximadamente. A súa indumentaria non era a adecuada, sobre todo polos zocos de ir á rega e o rodo de tornar a auga. Pero non podiamos rexeitar unha proposta futbolística tan evolucionada. Xa eramos 3x3 e o partido comezou. Lembro que aquel encontro foi a máxima expresión do ‘fútbol total’, porque realmente xogabamos todos contra todos. Dar unha patada era sachar, e sachabamos nas canillas; aí si que doía. Entre regates e cañitos ós animais que alí pacían, o encontro transcurreu coma outros días. Ata a derradeira xogada. Con resultado de 9-9, Eduardo recibiu un balón libre de marca no pau de arriba, e sen pensalo, propinoulle coas súas zocas reforzadas un puntapé ó balón que fixo saltar polos aires as pedras da portería. No medio da discusión por se fora ou non gol, o Carlitos enganchou o balón coa man e comezou a correr cara a súa casa mentres berraba "gañamos nós…" (palabras que non se poden repetir). E así acabou aquel partido, de resultado incerto, naquel día no que comprendín que o fútbol de zocos tamén formaría parte da historia do noso fútbol.
Xosé Antón Pedrido.

Ramón Soilán
Para un hombre de bien. Lo diste todo por tus seres queridos. Un destino que nunca queremos llegar a comprender. Trabajador incansable. No hace mucho te vi con los nietecitos. Pastora y tú ibais de lo más felices. ¡Qué momentos tan tristes para los tuyos! No sabían qué hacerte. D.E.P.

Los que tenemos la suerte de haberte conocido sabemos de tu gran corazón, que es lo que cuenta. Nunca te olvidaremos.
C.A.J.

AGRADECEMENTO. A familia do finado Luciano Rivas Rodil (q.e.p.d.), ante a imposibilidade material de contestar ás numerosas testemuñas de pésame, agradece por este medio a asistencia aos actos de funeral e enterro celebrados onte, día 22, en Santa María de Bóveda, e as mostras de condolencia recibidas.