Lunes. 19.11.2018 |
El tiempo
Lunes. 19.11.2018
El tiempo

Historias para ser contadas

BOCABERTA MEIRA 1.JPG
BOCABERTA MEIRA 1.JPG

‘Ti creas a historia’ é o título dos obradoiros a través dos que o ilustrador e escritor Anxo Fariña intruduciu a un cento de alumnos dos institutos de Meira e de Castro de Ribeiras de Lea (Castro de Rei) no mundo da creación literaria.

O creador da coñecida saga xuvenil Os Megatoxos amosoulles ós rapaces e rapaces presentes diversas técnicas para desenvolver un guión, tanto escrito coma gráfico, incidindo especialmente na potenciación da creatividade de cada quen, para poder darlle forma a unha historia.

Nestes obradoiros de carácter interactivo, densenvolvidos a partir da historia ‘Os Megatoxos e o aprendiz de druída’, participaron de xeito activo un grupo de máis de 50 estudantes de primeiro e de segundo de secundaria do instituto Pedregal de Irimia de Meira, así coma os 41 alumnos e alumnas que estudan primeiro de Eso no IES da Terra Chá Trapero Pardo de Castro de Ribeiras de Lea.

O propósito deste talleres, ademais de introducir ós mozos e mozas no mundo da creación literaria, é recabar ideas para a elaboración dun futuro libro. Así, segundo explicaron dende os centros educativos, os alumnos destes obradoiros e as ideas amosadas neles poden converterse nun punto de partida para que a imaxinación de Anxo Fariña lle dea forma a novos personaxes e situacións nunha vindeira publicación.

Bocaberta

A presenza do ilustrador Anxo Fariña nestes dous centros enmárcase no programa de difusión do galego Bocaberta, posto en marcha pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Esta iniciativa tamén posibilitou actividades relacionadas coa música e cos contos en Vilalba e coa maxia en Guitiriz e en Pol. Nas Pontes, os obradoiros abordaron a comunicación oral e escrita e a plástica creativa.

Historias para ser contadas
Comentarios