domingo. 28.02.2021 |
El tiempo
domingo. 28.02.2021
El tiempo

Historias en femenino desde el museo

Encarna Lago amosa algunhas das contribucións das mulleres que se sumaron ao proxecto (Foto: Pepe Tejero)
Encarna Lago amosa algunhas das contribucións das mulleres que se sumaron ao proxecto (Foto: Pepe Tejero)

A obra ‘Costureiras de aldea’, de Fernándo Álvarez de Sotomayor -exposta no Museo Provincial- evócalle a Laura a súa infancia ao coidado da súa tía Carmiña, quen, ademais de cociñar día tras día para ata 14 persoas, sacaba tempo para poñer «miles de botóns, subir baixos, arranxar costuras e facer xerseis e gorros de lá». Unha maqueta de madeira do Museo do Mar de San Cibrao faille lembrar a Dolores, unha muller que ata a xubilación dedicouse ao marisqueo -e a coidar da familia, da casa, dos animais e da horta- a súa vida en común co seu marido, Pepe, un carpinteiro de ribeira que empregaba maquetas semellantes como base para comezar a construír os barcos.

Os de Laura e Dolores forman parte dos 180 testemuños, de mulleres de todas as idades e condicións sociais, recollidos no proxecto da rede museística provincial Mulleres en/para/por/desde/ante o Museo. A iniciativa arrincou en febreiro, dentro das súas actividades de promoción da igualdade e posta en valor do papel da muller.

Consiga AQUÍ la información completa

Historias en femenino desde el museo
Comentarios