lunes. 16.09.2019 |
El tiempo
lunes. 16.09.2019
El tiempo

Historia distinta desde cada perspectiva

O problema é que a xente entende de distinto xeito os mesmos feitos». Así incidía un alto representante letón na interpretación da historia que fan os habitantes do país báltico dependendo de se son desta etnia ou da rusa. Certo que o máis sinxelo é manter que a historia é inamovible e unha soa porque os feitos son sagrados, din, pero iso non é de todo certo. Desde onde se mire, a perspectiva cambia. E aí empeza o problema, que soe camu- flarse na escola cun currículo de Historia que interpreta os feitos segundo quen goberne. Por iso hai defensores de que os textos sexan iguais en toda España, uniformes, e outros contrarios á versión centralista, e que se mire desde cada autonomía. Supoño que en Andalucía interesa igual a vida de Guifré el Pilós que aquí a dos comuneiros de Castela, pouco ou nada; porén neste esquinazo si deberiamos coñecer a revolta irmandiña. Depende da perspectiva, e da cercanía.

Historia distinta desde cada perspectiva
Comentarios