La herencia de los monjes de Ferreira de Pallares

Arcos del monasterio. (J. VÁZQUEZ)
photo_camera Arcos del monasterio. (J. VÁZQUEZ)

Ao principio foi unha sorpresa constante, tamén para os veciños ». O párroco de Ferreira de Pallares conta que corrían os primeiros anos setenta -leva corenta ao coidado das almas da carrefreguesía- cando desenterrou no templo parroquial a marabillosa capela gótica dos Taboada, á dereita do altar maior.

O crego sospeitou que tras ese arco apuntado, que arranca coa figura dun anxo á esquerda, que ten como clave unha peza que re- presenta un home de medio corpo que sostén o libro e que remata na parte esquerda cun rostro enigmático que puidese ser a sinatura do escultor -«ou o retrato dalgún benfeitor»- podía haber «algo» agochado.

«Non me acorda cantas carretillas de terra quitamos e como foron aparecendo os sartegos, as esculturas, os blasóns...». A factura baixomedieval dos arcosolios apuntados e a bóveda nervada vixía o eterno descanso dunha dama e dun cabaleiro, marcados coas armas dos Taboada, dos Camba e dos López de Lemos.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios