sábado. 31.10.2020 |
El tiempo
sábado. 31.10.2020
El tiempo

Hércules documenta en 15 volumes o Camiño de Santiago, unha vía de vías

Segundo Vázquez, Francisco Rodríguez Iglesias e Ricardo Gómez, onte na galería Sargadelos de Lugo. PEPE TEJERO.
Segundo Vázquez, Francisco Rodríguez Iglesias e Ricardo Gómez, onte na galería Sargadelos de Lugo. PEPE TEJERO.

Dar a coñecer a riqueza patrimonial das vías de peregrinación a Santiago é o obxectivo de ‘A grande obra dos camiños de Santiago-Iter Stellarum’. Coa publicación dos tomos IX a XV -que foron presentados onte na galería Sargadelos de Lugo polo experto en cuestións xacobeas e coordinador da obra, Segundo Vázquez Portomeñe; o historiador e coautor, Ricardo Gómez Polín, e o presidente de Hércules de Ediciones, Francisco Rodríguez Iglesias- concluén tres novos camiños deste proxecto editoral: o Portugués, o Primitivo e o Norte.

Tanto a provincia de Lugo como a súa capital gañan así especial relevancia nestes volumes, segundo apuntou o historiador Ricardo Gómez Polín. Neste sentido, apuntou dúas efemérides que coinciden coa publicación dos tomos neste ano: os 1.200 anos do nacemento do Camiño a Santiago, con Lugo como «grande capital do Camiño Primitivo e que esperamos que no 2015 sexa declarada patrimonio da humanidade », dixo, e o cuarto de século da resurreción do mesmo, «co Xacobeo». «O Camiño é, a nivel universal, o feito social polo que Galicia é coñecida», suliñou.

Consiga AQUÍ la información completa

Hércules documenta en 15 volumes o Camiño de Santiago, unha vía de...
Comentarios