P ¿Un sinónimo de Galicia?
R A nosa terra.
P ¿Un lema na vida?
R Facer felices os que nos rodean.
P ¿Un personaxe galego?
R Alonso de Orozco.
P ¿Como nace a iniciativa de ‘Bóveda, un alegato pacifista...’?
R En 2013 cúmprense 110 anos do seu nacemento. Ademais, el foi o creador da Caixa de Aforros de Pontevedra e insistiu na necesidade de que as caixas deban vincularse á contorna social na que reinvestir os seus beneficios, filosofía oposta ás peripecias dos directivos das caixas actuais.
P Unha figura moi pertinente...
R Si, mesmo nos chegan achegas de mecenas de Madeira, Brasil, Bruxelas ou Montana (EE UU). Mesmo Paul Preston nos enviou unha felicitación pola iniciativa na que di que se compromete a difundir a obra nas redes sociais.
P ¿Que revela o libro sobre Bóveda?
R El era un católico convencido e practicante que nunca fixo mal a ninguén e traballou por Pontevedra e Galicia, algo que desmonta as acusacións do franquismo de ser home de mal vivir.
Nado en Fene en 1962, é director de Radiofusion.eu e tamén promotor da iniciativa Vitaminas para o Galego
Difunde a banda deseñada
Bóveda, un alegato pacifista contra a inxustiza, de Carlos Sardiña e Pitusa Arias
A iniciativa finánciase a través de Verkami.com e vai ser presentada hoxe (venres) no CITA da cidade de Pontevedra