Héctor Acebo: ''Lucense es el gentilicio más hermoso que existe''

Héctor AceboAcebo, na avenida Santa Fe de Bos Aires. Foto: REMITIDA

Este asturiano (San Tirso, 1987) publicou o seu primeiro poemario en 2011, e agora vén de compartir a súa primeira experiencia en Suramérica da man de mestres como Arbeleche e Carlos J. Aldazábal.

Héctor Acebo é natural de San Tirso de Abres -Santiso é o nome que prefire utilizar debido a que di que é o topónimo auténtico-, sen embargo o seu corazón atópase dividido entre Asturias, Sudamérica e Galicia, da que se sinte un fillo máis da súa cultura. Este xornalista e, sobre todo, poeta, vén de vivir a súa primeira aventura máis alá do charco, seducido por uns cantos de serea personalizados na figura de dous mestres coma Jorge Arbeleche e Carlos J. Aldazábal e nas lembranzas dos seus antepasados, que se viron na obriga de marchar da súa terra buscando fortuna en Ultramar.

En qué momento decidiu presentar a súa poesía en Arxentina e Uruguai?

Nos últimos tempos sentín a necesidade de entablar contacto con poetas sudamericanos, porque eu sempre fun admirador da mellor poesía latinoamericana. Sempre lin a mestres coma Borges ou Neruda, e sentía que os contemporáneos do outro lado do charco me podían aportar unha visión complementaria da poesía que puiden recibir aquí.

Como contactou con eles?

Comecei a entablar conversas por correo electrónico con dous poetas como son Jorge Arbeleche, Premio Nacional de Uruguai, e Carlos J. Aldazábal, un dos escritores máis importantes de Arxentina. Admiro a ambos, e estaba aprendendo moito deles; entón xurdiu a posibilidade de ir a ler alí a miña poesía, e estiveron moi dacordo en presentarme, o primeiro en Montevideo e o segundo en Bos Aires, onde ofrecín un recital poético e un ciclo de poesía. Estou encantado coa viaxe, porque ampliei a miña perspectiva poética escoitando as súas opinións. Penso que no libro no que estou traballando está medrando a miña poesía.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios