''Has de lavarte los pies/cada dos meses o tres''

DAQUELA o que se estudaba era a enciclopedia, o grao medio. Moi distinto ao que dan hoxe, pero ben. Eu cheguei á raíz cadrada, a raíz cúbica. Creo que me quedei en segundo grao. Nese tempo estudaban moi poucos. Pódese dicir que en Bolaño, da miña idade, só un ou dous fixeron carreira.

Ramona Nogueira Cortés / Bolaño / Castroverde

Como todos, o primeiro manuscrito para aprender a ler e despois as famosas enciclopedias Álvarez, que eran moi completas, por certo.

Xosé Luis Novo Cazón / Vilalba

Para uns nenos de escola de aldea aquilo era outro mundo: pasábamos dunha escola de enciclopedia Álvarez onde a mestra atendía a nenos de tódalas idades, a ter moitos libros, moitos profesores, un para cada materia, e cursos onde tiñamos catorce materias, entre elas obradoiros de carpintería, mecánica, electricidade. Pero era un bacharelato técnico. Con todo, a calidade do ensino, aínda que por suposto fose mellorable, era infinitamente superior á outra alternativa da escola da aldea.

Pedro Chao Polo / Mondoñedo

Na escola utilizabamos o ‘Silabario’ e logo había un libro de lectura manuscrito que recordo perfectamente que se chamaba ‘Mi sendero’. E despois utilizabas unha rnciclopedia que era a de Hijos de Santiago Rodríguez, que se editaba en Burgos e que supoño que aínda segue alí. Cando vou por Burgos, á Praza Maior, alí a vexo. Aprendías aquilo que estaba nas enciclopedias, que non estaba nada mal e saías cunha formación.

Paco Martín / Lugo

Para la mayoría de los que ya pasamos los cuarenta y cinco o cincuenta años, las enciclopedias de Álvarez forman parte de nuestra historia escolar. En ellas aprendimos lo fundamental de unas cuantas disciplinas, unos conocimientos generales imprescindibles que no todos los muchachos, que hoy estudian en libros más densos, adquieren. No podemos olvidar en qué época están escritas. Tenían que someterse, antes de su publicación, a un severo régimen censor que obligaba a contar de determinada manera la historia del país y la de sus protagonistas e imponía o eliminaba contenidos. Su autor, Antonio Álvarez Pérez (1921-2003), publicó la primera enciclopedia en 1951

Antonio Rodríguez Díaz / Torbeo / Ribas de Sil

O texto que manexabamos era o das enciclopedias Álvarez e no primeiro grao, coido que se chamaba ‘Faro’, ou algo así. Eramos uns trinta e cinco.

Manuel Pérez Puente / Pena / Castroverde

Teníamos un libro de historia pero no recuerdo cuál; de aritmética sí, era el Ezequiel Solana. Recuerdo que me sabía de carrerilla la lista de los Reyes Godos, que no la sé hoy. Teníamos un buen nivel académico.

Laureano Álvarez Armada / Láncara

Na lección púñame o mestre: lee, estudia hasta aquí. Pero eu cortábame porque comezaba a ler. Pero tamén tiña a miña picardía, porque onde non sabía, quedábame parado. Íalle dar a lección e vía as follas que eu avanzara e eu dicía: é que as sei. Volvía atrás e preguntábame as letras ou as palabras máis difíciles e sabíaas, pero alí onde paraba non as sabía. Alí aprendín a poesía «Cuentan de un sabio que un día...». O libro chamábase ‘Mi sendero’, de Mariano Lampreave.

José Manuel Pol Herbón / Quetesende / Castroverde

Cando o cometía dicíame que ía ter que me dar, para aprendela, a ‘Cartilla de la buena crianza’. Polo visto, é nesa cartilla onde se din cousas tan bonitas coma aquilo de «has de lavarte los pies /cada dos meses o tres», ou «si el ocio te causa tedio/el trabajo es buen remedio», e aqueloutro que meu pai me lembraba na mesa se a ocasión o pedía: «Cuando el caldo esté caliente no lo enfríes resoplando, que causa risa a la gente».

Luis Tobío / Viveiro

O meu primeiro texto foi unha enciclopedia, non recordo se foi a Álvarez, onde estaba todo.

Benxamín Casal Vila / Lugo

Era unha escola mixta, iamos uns 50 nenos, sentabamos en pupitres e ao redor de toda a aula había encerado. Para escribir empregabamos unha pizarra de lousa e alí escribiamos. Aos sete anos liamos unha edición do ‘Quijote’, e o ‘Corazón’, de Edmundo de Amici. Tamén manexabamos outro libro de cuestións fisioló- xicas, como os efectos do tabaco e do alcoholismo. A esa idade, si señor.

Ángel Rodríguez Vázquez / Viveiro

Estudié al principio las enciclopedias Dalmau Carles. Me acuerdo de párrafos enteros. También los libros de ortografía, como el Miranda Podadera. En aquellos años cuidábamos mucho la ortografía.

Pilar Iglesias Osorio / Lugo

Utilizabamos a Enciclopedia de Álvarez e de lecturas lémbrome sobre todo do ‘Quijote’. Era sobre o que máis incidía o mestre que tiñamos, don Victorino Souto Castro, que vivía na Piringalla.

José Antonio Labrada Losada / Pol

Una escuela en la que todavía escribíamos con pizarra y pizarrín, y quizá esto ya bastaría para retratar la pobreza de aquellos años. También escribíamos en el cuaderno, sobre todo en la clase de los mayores, con lápiz o con la pluma que había que mojar con cuidado en los tinteros de porcelana encajados en cada pupitre, siempre con la amenaza de que un borrón estropease la página y hubiera que volver a empezar. Un único libro de texto y unos cuantos libros de lectura, viejos y gastados, encerrados en un armario acristalado. De uno de ellos había ejemplares repetidos y en él leíamos en voz alta casi todas las tardes. Se llamaba ‘Escudo imperial’ y contenía una visión delirante de la historia de España que rebosaba ideología doctrinaria por todas las páginas. No lo he vuelto a leer desde entonces, pero aún hoy puedo recitar trozos de memoria, vestigios de la época que me acompañarán mientras viva.

Agustín Fernández Paz / Vilalba

También recuerdo los largos inviernos, los zuecos, los pantalones de pana que muchas veces me quedaban cortos, y lo mucho que tengo que agradecer a mis padres, pues las primeras letras me las enseñó mi papá, gracias también a la enciclopedia Álvarez y a otros dos o tres libros.

Luis López Pombo / As Nogais

Cuando ya escribíamos de corrido y la enciclopedia Álvarez no tenía ningún secreto para nosotros y cuando nos estábamos preparando para el examen de ingreso en el instituto, nos comenzamos a familiarizar con los bolígrafos. Esto eran palabras mayores. Los primeros Bic transparentes o de color naranja eran para nosotros el colmo de la sofisticación. Pero valían un duro cada uno...

Carlos Varela Prieto / Lugo

Antoloxía da Memoria de Lugo:El Progreso: luns, mércores e sábados.TeleLugo: martes, ás 22.00 horas. Reemisión diaria. Dirección: José de Cora. Imaxe: Memé Díaz. Ilustracións: Vinicius. Fotografía: Arquivo EP.

Comentarios