''Hace año y medio que abrimos un punto de venta en Nueva York''

Óscar Rodríguez. (Foto: Ama)
photo_camera Óscar Rodríguez. (Foto: Ama)

A evolución deste xoieiro viveirense caracterízase pola súa traxectoria ascendente, que comezou facéndose un oco no mercado rexional ata dar o salto ó panorama nacional e internacional a través de diversas exposicións en feiras nas que participa dende o ano 1990.

o próximo mes de decembro o xoieiro Óscar Rodríguez cumplirá 25 anos de éxitos nunha evolución imparable que levou o selo do creador ata o panorama internacional. Entre os encargos máis recentes atópase o de crear a coroa da Virxe dos Dolores da Venerable Orde Terceira Franciscana da cidade e que dende hoxe lucirá a imaxe .

Cómo foi a evolución do negocio nestes 25 anos?

En 25 anos cambiou moito todo. Eu proviña dunha empresa familiar e fun prepararme fóra. Empecei traballando xunto á miña muller, evolucionando pouco a pouco en canto á elaboración do producto e tamén incrementando a producción en función da demanda, ata que nos fixemos un oco no mercado rexional. Fai uns quince anos demos o salto ó mercado nacional e agora xa nos extendemos ata o internacional.

Cando comezaron a facer exposicións en feiras?

Dende o ano 1990 acudimos a unha exposición anual na Coruña co grupo Plaza Galicia ata a súa disolución. Logo xa empezamos a presentarnos a feiras a nivel nacional, algunas por iniciativa propia e outras por invitación expresa. A partir de 1995 participamos na cita internacional de Iberjoya en Madrid expoñendo dúas veces ó ano as novas creacións. No 2004 fomos invitados a participar en BCN Futur, un salón internacional donde se mostran as novedades que marcan tendencia e dende fai más de cinco anos tamén expoñemos en feiras internacionais como a de Inhorgenta en Múnich, en Suiza e nas Vegas.

Qué supón o inicio da súa filla na empresa?

Para min é un momento moi bonito xa que Cristina está profesionalmente moi preparada. Formouse en deseño de xoieria e dirección de empresas en Barcelona e Nova York.

Pensa en abrir algunha outra tenda nos próximos anos?

Dende hai un ano e medio temos aberto un punto de venta en Nueva York dentro dunha galería de arte. Fai uns seis anos dispoñemos de página web e probablemente para o ano que ven comezaremos coa venta online.

Qué lle supuxo ser o encargardo de crear a coroa da Virxe dos Dolores?

Este tipo de encargos sempre son unha gratificación e facémolos con moito cariño, esmerámonos ó máximo xa que se trata dun patrimonio que vai quedar para o pobo. Á marxe das ideas relixiosas que cada persoa poida ter, hai que respetar e ter en conta a parte artística, xa que é un legado que queda en Viveiro.

En canto tempo se fixo a coroa?

Levounos un mes de traballo. Agora só nos quedaba adaptar os tres esmaltes, o escudo de Viveiro, o da orde franciscana e o do obispo, que leva engarzados en ouro .

Comentarios