Gustavo Pernas: ''Para drama llegan los economistas''

A realidade aburríalle de pequeno e decidiu superala co teatro. Hai 25 anos que vive de escribir, dirixir, actuar e de calquera cousa relacionada coas táboas

1 . Soame a súa cara de velo en Viveiro. Fágame o favor de identificarse?

a) Un historiador que actúa para non ter que dar clases.

b) Alguén que leva 26 anos vivindo para a súa paixón.

c) Son pluriempregado: director, autor, escritor, profesor, axente e o que vostede dispoña. Vivo co teatro, pero quixera vivir só do teatro.

2 .Por que lle deu por meterse nesta lea sendo un rapaz?

a) Para poder xustificar as pallasadas que facía en clase.

b) Como xogaba mal ao fútbol, trataba de impresionar ás rapazas declamando.

c) Non se me ocorreu nada máis bonito.

d) A realidade aburríame.

3 . Ten clara a vocación, pero imaxine que un pai benintencionado lle pide consello sobre un fillo atraído polas táboas?

a) Recomendaríalle que o apuntase a unha escola dramática. Diríalle que estudase comedia porque para drama chega cos economistas, políticos e tertulianos.

b) Hai psicólogos que son de moita axuda nestes casos.

c) Diríalle que o apuntase para opositar a celador do Sergas.

4 . O tópico máis errado é?

a) O teatro está en crise.

b) Só se vive do teatro facendo de Bob Esponja en cumpreanos. Ao mellor o de Bob Esponja tradúcese cun ‘Virxenciña que quede como estou’.

c) Os aplausos son o alimento dos actores.

5 .O peor do peor?

a) O señor da cuarta fila que explica á muller os chistes.

b) O rapaz de primeira fila que contesta ao móbil.

c) A señora da última fila que se bota a roncar.

d) O señor da primeira fila que se bota a roncar e o fillo que se chiva á nai polo móbil.

6 .Con quen se leva peor?

a) Cos bedeles, que lle gobernan os camerinos.

b) Cos entrevistadores que piden que lles resuma a obra.

c) Cos que teñen que pagar as súas actuacións.

d) Cos espectadores que preguntan en castelán pero con marcado acento galego: «¿Es en gallego?», e non entran.

7 . Aínda lle resta?

a) A profesión vaime ben.

b) Como bo actor galego, presentar un magacín na TVG.

c) Que o Centro Dramático Galego me monte unha peza.

8 .Sexa xeneroso e sinale o mellor actor galego.

a) Ernesto Chao.

b) Morris.

c) María Bouza.

d) Ánxela Abalo. É a miña actriz e persoa favorita.

9 .Unha frase?

a) «Cando un actor pregunta pola motivación do seu personaxe. Digo: o teu soldo», Alfred Hitchcock.

b) «Cando dirixo, fago de pai; cando escribo, de home; cuando actúo, de parvo», Jerry Lewis.

c) «Non quería ser actor, quería ser Clark Gable». Fernando Fernán Gómez.

d) «¿Qué dirá mañana ese canalla en los periódicos?». Max Estrella. Valle Inclán

lunes

test impertinente

Comentarios