''Gústame vivir 'Sin espacio ni tiempo''

Manuel Sicart. EPL
photo_camera Manuel Sicart. EPL

1 . Manuel Sicart. De que me soa?

a) Son o periodista perfecto: traballo cando me peta.

b) Son un radiomaníaco que leva décadas intentando quitarse.

X c) Son un rapaz da Pontenova que saiu dar unha volta polo mundo hai medio século.

2 . Isto de ser xornalista venlle de...?

X a) Do día en que descubrín unha caixa que falaba.

b) Sempre quixen contar todo canto vía e dar a miña opinión.

c) O meu sempre foi levar a contraria.

3 . Cando empezou a traballar en Radio Popular, descubriu?

a) A voz eleva un home á categoría de irresistible.

X b) As voces provocan que os escoitantes nos idealicen aos que traballamos na radio.

c) É necesario aprender a improvisar.

4 . Confíenos un secreto.

a) Son quen de avanzar ‘Del cero al infinito’.

b) A pesar de ser tan coñecido teño un ‘Universo invisible’.

X c) Gústame vivir ‘Sin espacio ni tiempo’.

5 . Un fillo seu teima en ser periodista. Vostede que fai?

a) Animalo! Nunca se aburre un nesta profesión.

X b) Diríalle: «Pensaches en ser controlador?». Non serviu, teño unha filla periodista.

c) Que faga o que queira, que xa é maiorciño.

6 . Desminta unha desas lendas que corren sobre vostede.

a) Levo un anillo que lle deu unha meiga en Nova York. Se o quita, morre.

b) Fun o único periodista español que estivo en Woodstock.

X c) A miña escasa destreza na cociña lévame a dar uso continuo ao microondas.

7 . Escolla unha frase se fai o favor.

X a) «O periodista non ten que saber, debe ter o teléfono de quen sabe». Anónimo.

b) «O mal periodismo describe; o bo, describe e explica», Ryzard Kapuscinski.

X c) «O periodismo é unha marabillosa escola da vida». Alejo Carpentier.

8 . Vostede tamén terá os seus mitos, ou?

a) Si, Larry King. Unha pena que se xubilase hai uns días.

b) Bob Woodward, ninguén investiga coma el.

X c) Julian Assange, revolucionou o xornalismo con Wikileaks.

9 . O seu momento de gloria foi?

a) A primeira que estiven no aire nun estudo de radio.

X b) O día no que me concederon o premio Ondas.

X c) A xornada na que batín o récord de visitantes a unha mostra no Museo Provincial de Lugo cunha exposición da miña colección de radios.

10 . A que lle teme máis?

a) A que internet acabe co periodismo tradional.

X b) Coma os celtas, soamente temo que o ceo se me veña enriba.

c) Quen dixo medo?

Comentarios