Gondán fabricará o décimo terceiro barco para un noruego

Un dos seus clientes principais acaba de encargar en Castropol a construción dun buque de servizo para manter torres eólicas
Unha simulación de como vai ser o buque
photo_camera Unha simulación de como vai ser o buque

Os asteleiros Gondán, ubicados na ría de Ribadeo en Figueras de Castropol, terán carga de traballo ata finais de 2018 grazas ao contrato que acaba de subscribir a entidade naval cun dos seus principais clientes: o armador noruego Ostensjo Rederi. Esta unidade é xa a décimo terceira que o empresario Álvaro Platero fabrica para esa empresa e nesta ocasión trátase dun segundo buque de servizo de mantemento para torres eólicas, que será xemelgo ou idéntico ao que xa se atopa en fabricación nas instalacións castropolenses.

Ámbolos dous barcos van ser explotados por un periodo de cinco anos, con opción a outro lustro adicional, pola compañía DONG Energy. Gondán agradécelle tanto ao armador, como ao charteador, a confianza que teñen depositado neles.

REMOLCADORES. Actualmente, ademais deste novo buque -Service Operation Vessel (Sov), en inglés- e do seu xemelgo, Gondán constrúe para Rederi tres novos remolcadores de combustión dual que son os primeiros da súa clase en Europa.

O futuro Sov terá 81,10 metros de longo e 17 metros de manga e será idéntico ao asinado en outubro de 2015. O seu labor consistirá en alonxar e trasladar aos técnicos encargados do mantemento das turbinas nos parques eólicos offshore Hornsea Project One.

O novo Sov, ao igual que o seu xemelgo, tamén foi deseñado por Rolls Royce Marine baixo o nome UT 540 WP. Estará equipado cunha pasarela compensada de 23 metros e unha grúa de última tecnoloxía. Tamén terá capacidade para desplegar uha embarcación auxiliar de once metros, que permitirá o traslado do persoal de maneira segura. Reduce ao máximo as emisións e aforra combustible, variando as revolucións dos xeneradores.

Comentarios