domingo. 22.09.2019 |
El tiempo
domingo. 22.09.2019
El tiempo

Gobernar non é cruzarse de brazos

(*)

VALE, non facemos nada, quedámonos de brazos cruzados como outras tantas veces, agardamos que o tempo pase sen buscar solucións e aferrámonos a unhas regras como se fosen inamovibles porque cremos que así o problema desaparecerá.

Podemos facelo, pero iso non é gobernar. Gobernar é buscar remedios, e máis de dous millóns de persoas en Cataluña non deberían ser desprezadas apelando a unha hipotética maioría silenciosa que obvia algo non vinculante. Porque aínda que sexa minoría, exterioriza a súa inquedanza, e pode medrar con posturas intransixentes e ameazantes igual que ocorreu desde que se torpedeou a reforma do Estatut.

Tampouco axuda o inmobilismo de Rajoy, que non move o paso, como se nada ocorrera. Saír tres días despois do 9-N para reproducir o xa dito ben podía telo manifestalo aquela mesma noite.

(*) Se mantiene el idioma original.

Gobernar non é cruzarse de brazos
Comentarios