''Guardo las últimas emisione de la emisora de Monforte''

Luis Blanco (Foto: Toño Parga)
photo_camera Luis Blanco (Foto: Toño Parga)

LUIS BLANCO naceu en Ourense pero a súa familia asentouse ao pouco en Monforte, onde reside dende entón, pero o destino quixo que rematara o seu traballo coma director de Radio Nacional de España (Rne) onde viu a luz. A súa vida estivo ligada profesionalmente ao mundo da radio dende os 18 anos, cando empezou nos estudos de Radio Juventud de Monforte facendo prácticas. De ahí foi a Madrid a facer varios cursos, logo traballou en El Correo Gallego para regresar á mesma emisora cando pasou a ser da Cadena de Emisoras Sindicales e logo da Radio Cadena Española. Xa como Rne, dirixiuna ata que pechou as portas a principios da década dos noventa. De ahí foi para ocupar o mesmo posto en Ourense ata que chegou a remodelación de Rne e colleu a prexubilación. Entón empezou a desenvolver outra das súas paixóns. Xunto a outras persoas foi impulsor do Museo do Tren, un centro referencia en España e incluso no estranxeiro.

O seu historial persoal aínda está máis cheo, pois ten grandes referencias no mundo da fotografía, etnográfico e do turismo rural. A súa familia tivera un muíño e quedoulle pegada de tal forma na memoria que non parou ata facerse cun en Os Peares, recuperalo e fundar nel unha das casas de turismo rural máis emblemáticas.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios