Gardiáns da historia da Pontenova

Os cinco fornos que presiden a coñecida como Praza dos Fornos. (Foto: F. Bouza)
photo_camera Os cinco fornos que presiden a coñecida como Praza dos Fornos. (Foto: F. Bouza)

Un pasado mineiro. A Pontenova conserva coma un tesouro os restos dun século XX marcado pola actividade industrial, grazas aos terreos próximos ricos en mineral que permitiron unha gran explotación mineira. Daqueles anos quedan moitos recordos e un dos selos de identidade do pobo: os fornos, que presiden unha das súas prazas.

os cinco altos fornos que presiden a coñecida como Praza dos Fornos son a seña de identidade da Pontenova. Eles recordan a veciños e visitantes o que foi o pasado mineiro da localidade, aquel que a fixo medrar e do que só queda o recordo e pequenos vestixios: os fornos de fundición, dos que tamén hai ruínas na zona do Boulloso, bocas da mina diseminadas polas ladeiras das montañas e unha senda verde na antiga vía do ferrocarril pola que o material se levaba ó porto de Ribadeo para cargalo en barcos.

Corría o ano 1900, cando chegaba á localidade un emprendedor vasco que impulsaba unha explotación mineira que enchería de vida á Pontenova durante máis de 50 anos. Xente de moitas nacinalidades chegaba para traballar no sector: portugueses, cataláns e ata alemáns. Foron anos nos que a era industrial fixo medrar o pobo, pero o imperio mineiro foi morrendo e viu a súa vida rematada ao mesmo tempo que se esgotaban os recursos do solo.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios