miércoles. 16.10.2019 |
El tiempo
miércoles. 16.10.2019
El tiempo

Un venres caloroso: alerta amarela na Ribeira Sacra

Este venres, os galegos poderán gozar dun día de praia. ADP
Este venres, os galegos poderán gozar dun día de praia. ADP

Os ceos estarán despexados aínda que podería chover cara á noite. Agárdanse máximas de 36º no sur da provincia

Galicia continuará baixo influencia das altas presións, aínda que achegándose aire frío en capas altas ó final do día. Con esta situación teremos unha xornada de ceo despexado, con nubes de estancamento a primeiras horas no extremo norte e algunhas nubes medias e altas que entrarán ao final da tarde pola metade sur.

Xa pola noite agárdanse chuvascos que se moverán de sur a norte. As temperaturas máximas ascenderán, acadándose valores superiores aos 30ºC en moitos puntos de Galicia. Os ventos soprarán de compoñente norte, frouxos no interior, moderados na costa, con algún intervalo forte entre Bares e Fisterra.

Na zona ourensá do Miño hai alerta laranxa por temperaturas que poderían roldar os 40 graos. Na Ribeira Sacra e no Miño pontevedrés a alerta será amarela por temperaturas de máis de 36º. 

Tiempo

Un venres caloroso: alerta amarela na Ribeira Sacra
Comentarios