Galicia quedará o domingo na influencia das altas presións

As temperaturas seguirán sen cambios significativos

Galicia quedará o domingo na influencia das altas presións con ventos intensos do sur. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos con nubes de tipo alto. Pola noite unha fronte achegarase polo oeste, traendo nubes baixas e chuvias ao oeste da provincia da Coruña.

As temperaturas seguirán sen cambios significativos, con lixeiros ascensos das mínimas no oeste. Os ventos soprarán fortes do sur.

meteogalicia

Comentarios