Galicia estará baixo a influencia dunha borrasca este martes

As temperaturas sufrirán un descenso, que será moderado nas mínimas e lixeiro nas máximas

O martes Galicia quedará na influencia dunha borrasca situada ao sur de Francia que enviará unha fronte nas primeiras horas do día. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvascos máis frecuentes e intensos no norte e leste da Comunidade.

A cota de neve situarase arredor dos 900 -1000 metros. As temperaturas sufrirán un descenso, que será moderado nas mínimas e lixeiro nas máxima. O vento soprará forte do noroeste, baixando en intensidade co avance do día.

meteogalicia

Comentarios