miércoles. 03.03.2021 |
El tiempo
miércoles. 03.03.2021
El tiempo

Galicia agarda unha tarde de tormenta e sarabia

Mapa da previsión do tempo para este martes.METEOGALICIA
Mapa da previsión do tempo para este martes.METEOGALICIA

O martes un centro de baixas presións situado ao oeste de Portugal deixará inestabilidade atmosférica na metade oeste peninsular.

Deste xeito, Galicia amencerá con ceos pouco anubrados en xeral. Pola tarde medrarán nubes de evolución formando chuvascos localmente tormentosos, localmente fortes e mesmo acompañados de sarabia, máis probables no interior.

As temperaturas experimentarán un ascenso entre lixeiro e moderado.

O vento soprará frouxo de dirección variable, sendo de compoñente leste e con intervalos fortes no litoral norte.

Galicia agarda unha tarde de tormenta e sarabia
Comentarios