Galicia continuará nunha circulación de vento do nordés este domingo

 As temperaturas mínimas non terán cambios e as máximas experimentarán un lixeiro descenso

O domingo Galicia continuará nunha circulación de vento do nordés. Deste xeito, os ceos estarán despexados na metade sur, con máis nubes no norte do territorio e posibilidade dalgunha chuvia feble no litoral de Lugo.

As temperaturas mínimas non terán cambios e as máximas experimentarán un lixeiro descenso. O vento soprará forte do nordés.

meteogalicia

Comentarios