Galicia continuará na influencia das altas presións este luns

As temperaturas descenderán lixeiramente

Non se agardan cambios significativos para o luns xa que Galicia continuará na influencia das altas presións con ventos do nordés que seguen a enviar aire frío. Deste xeito, os ceos estarán pouco nubrados ou despexados agás no terzo norte onde quedarán con intervalos de nubes baixas, coa posibilidade dalgún chuvasco ocasional no norte de Lugo.

As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente, con formación de xeadas en zonas do interior, e as máximas tamén descenderán, con sensación de frío debido ao vento do nordés.

meteogalicia

Comentarios