Gael Verao Fernández: ''Que me deran a bolsa foi coma se me tocase a lotería''

Gael Verao Fernández.
photo_camera Gael Verao Fernández.

Gael Verao Fernández ESTUDANTE becado pola fundación Barrié. As notas obtidas durante a carreira fixérono merecedor dunha bolsa de estudos que o manterá no Reino Unido durante un ano. Aínda que o soño deste enxeñeiro de Camiños é traballar en Galicia, cre que os recortes en investigación serán un impedimento

As alegrías que dá a vida chegan ás veces como as desgrazas, todas xuntas. E, no caso de Gael Verao Fernández, foron as primeiras as que entraron de golpe no seu día a día cando estaba preparando o proxecto fin de carreira. Levaba unhas semanas de intenso ir e vir intentando acabar en data o último traballo para obter o título de enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos e, de súpeto, comunicáronlle que era un dos dez seleccionados para desfrutar dunha bolsa de estudos no exterior. Aínda que o seu destino é Plymouth, no Reino Unido, asegura que loitará para volver a Galicia cando remate o mestrado que ten previsto realizar alí se a situación do sector llo permite.

Como recibiu a nova? Tiña previsto que lle concedesen a beca?

Non, para nada. De feito, creo que aínda non souben amosar a miña ledicia e agradecemento. Recibín o comunicado de que era un dos elixidos mentres preparaba o proxecto fin de carreira que defendo hoxe ante un tribunal. Cando mo dixeron foi coma se me tocase a lotería, estaba moi estresado e non tiña tempo para nada, pero agora parece que se abre unha porta para o meu futuro.

E cara onde o levará esa porta?

Cara ao Reino Unido, a unha cidade que se chama Plymouth, no sur de Inglaterra. Foi a opción que escollera cando presentei a miña candidatura á bolsa e que ma concedan supón unha oportunidade moi importante para a miña formación e a miña experiencia.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios