Dianteiro do Vilalbés B

Gabriel Blanco Vivero marcou un póker de goles no duelo ante o Abadín

Segunda Galicia Norte
VILLALBESB_GABRI
photo_camera VILLALBESB_GABRI
Gabriel Blanco Vivero, Gabri, foi o responsable de 4 dos 7 goles cos que o Vilalbés B arrollou ao Abadín na Fonte este domingo. Aínda que foi Anxo o que abriu a conta, no intermedio o equipo aspirante ao ascenso xa estaba 3-0 con dous tantos de Gabri, o primeiro de penalti. Tamén marcou o quinto, despois de Samuel e pechou a conta, a dous minutos do asubío final, logo de ver a Víctor facer o sexto. Xa é o pichichi do grupo, adiantando a Alexandre Goás, do Abadín.