Fran Bouso: ''As tecnoloxías abren os colexios ao mundo''

Fran Bouso BousoFran Bouso Bouso dirixe o Ceip de San Clodio coa ilusión de ofrecer aos alumnos todas as posibilidades de calquera colexio de maior entidade. Por iso explota ao máximo as novas tecnoloxías.

As LIMITACIÓNS dos colexios pequenos son bastante considerables en comparación aos que teñen gran cantidade de alumnos á hora de realizar actividades nas que poidan participar persoas relevantes nos diferentes ámbitos profesionais. Non obstante, o emprego das novas tecnoloxías pode salvar esas barreiras. Cada día que pasa os centros contan con máis recursos e se abre todo un mundo, iso si, sempre e cando os responsables dos centros ou o profesorado estea en disposición de traballar nesa liña, dado que require a súa dedicación e esforzo. O director do Ceip de San Clodio, Fran Bouso Bouso, (Mondoñedo, 1976), é desas persoas que si se empeñan en ofrecer cada día algo máis aos alumnos e por iso desenvolve proxectos como o de videoconferencias con escritores. Nese terreo manéxase con soltura porque tamén é coordinador do grupo literario Leiras Pulpeiro. Nas pasadas xornadas do Días das Letras organizou unha sesión de videoconferencia entre o centro que dirixe e o de San Cosme de Barreiros.

En qué consistiron as actividades máis recentes do centro?

O pasado día 16, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o Ceip de San Cosme de Barreiros pediume que dese unha conferencia sobre Leiras Pulpeiro relacionado con Xosé María Díaz Castro e entón aproveitei para realizar unha videoconferencia para os alumnos de Barreiros e para os de San Clodio. Estes escritores tiñan cousas comúns, como que estudaron no Seminario de Mondoñedo, e outras totalmente opostas. Díaz Castro era moi relixioso e Leiras Pulpeiro, anticlerical. Díaz Castro era monárquico e Leiras Pulpeiro, republicano.

Non é a primeira vez que fai estas videoconferencias.

O centro é pequeno,

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios