Fraga

Nas ceas é tradición queme levante solemnemente a pegar un discursode duración castrista, e cando a canalla se alborota e me interrumpe ordeno, mirando ao horizonte: “¡Que pasen os antidisturbios!”.

Iso é todo canto me queda de Fraga en min, e non é pouco. Esta semana o líder conquistou o último palacio de inverno, Twitter, onde foi trending topic; converter a Fraga en hashtag é un deses praceres extravagantes aos que nos damos de cando en vez os galegos. Saíu ben dunha operación na cadeira, e grazas a iso unha nova xeración comprobou que Fraga non é unha lenda urbana, como se empezaba a especular.

En Galicia, terra de probables, é lenda urbana saír a tomar unha e irse para a casa, pero a Fraga vímolo moitos e algúns afortunados, como Pérez Varela, chegaron a tocalo. Durante unha época ata rexuveneceu e ameazou con converterse en Benjamin Button.

Eu pensaba mentres o observaba nun mitin na praza de touros de Pontevedra: “¿Vén Fraga para aquí?”. Pero non vén. Segue no Senado, que é unha sorte de limbo, e non parece ter ganas de posteridade, polo menos a mesma que deixou aireada Camilo José Cela, que interrompeu o discurso do relixioso Xirinacs cun peido escandaloso, e ante o silencio da Cámara dixo o escritor, delatándose sen complexos: “Prosiga o mosén”.

Comentarios