Sábado. 18.11.2017 |
El tiempo
Sábado. 18.11.2017
El tiempo

Foz propón que a cea de coroación da raíña do Entroido sexa temática

A raíña e as damas deste ano, durante a cea de coroación
A raíña e as damas deste ano, durante a cea de coroación
A delegación de cultura promove unha votación a través das redes sociais, que está aberta ata o vindeiro domingo, para elixir entre Salvaxe Oeste, Piratas Corsarios, Circo e Renacemento

O Concello de Foz segue apostando por potenciar o Entroido e este ano propón que a cea de coroación da raíña de 2018, que será o 27 de xaneiro na Sala Bahía, xire arredor dunha temática única. Para iso, a delegación de cultura puxo en marcha unha votación popular a través das redes sociais do Concello -Facebook, Twitter, a páxina web, Instagram e a aplicación Looking Foz- para que todas as personas que o desexen poidan votar as súas dúas opcións favoritas de entre as cuatro que se suxiren.

A primeira opción é Salvaxe Oeste: "O Oeste, na Norteamérica en torno ao 1800, é unha das épocas máis tolas e cruentas, con personaxes históricas do máis pintoresco coma indios, cowboys, sheriffs, pistoleiros, barmans, xogadores e rapazas de salón ou foraxidos", explican desde o Concello. A segunda opción é a de Piratas Corsarios con personaxes que van desde os coñecidos piratas Jack Sparrow ou Barba Roja hasta filibusteiros, corsarios ou bucaneiros. A terceira posibilidade é Circo e baixo esta temática englóbanse todos os artistas circenses posibles, pallasos, pitonisas, arlequíns, acróbatas ou ata terribles bestas. E finalmente baixo o título de Renacemento, no Concello propoñen recrear os séculos XV e XVI, "o periodo que comeza co descubrimento de América e remata coa Revolución francesa".

As persoas que queiran votar para elixir as súas temáticas preferidas poden facelo desde mañá mesmo e ata a medianoite do vindeiro domingo, día 12. A pesar desta proposta coa que se busca imprimir un aire novo á cea de coroación, un acto co que arrancan as actividades oficiais do programa, desde a delegación de cultura aclaran que "cada un poderá ir vestido como queira e se non quere adaptarse ao tema e ir doutra cousa pode facelo".

O Entroido focense é o máis multitudinario da comarca e cada ano busca novas fórmulas para mellorar, e de cara á próxima edición dende o Concello non descartan seguir incluíndo novidades nos vindeiros meses.

No caso da cea de coroación da raíña, este ano acondicionouse un aparcadoiro no entorno da Sala Bahía e incrementouse a súa capacidade coa colocación dunha carpa exterior, pola gran afluencia de xente que sempre concentra.

Foz propón que a cea de coroación da raíña do Entroido sexa temática