Foz construirá siete casetas de madera para usalas en varios eventos

O Concello de Foz construirá sete casetas de madeira para utilizar en diversos eventos cunha subvención de 25.469 euros que lle otorgou o Grupo de Acción Costeira (GAC) A Mariña-Ortegal. A entidade local tamén destinará 6.000 euros do total a exaltar productos do mar como o berberecho ou o chicharrón nos vindeiros anos 2014 e 2015.

O primeiro tenente de alcalde e concelleiro de mar, Pedro Fernández Manín, manifestou onte que a axuda concedida para a construcción das casetas permitirá que o goberno local non teña que pedir prestadas as que lle deixaba o Concello de Lourenzá. A intención dos populares é empregalas para facer mercados, exposición e outros eventos, entre os que cita o Mercado de Nadal.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios