A fotógrafa Yolanda Purriños gaña un premio nun certame nacional

Acadou o segundo posto na modalidade de retrato coa que considera a foto máis "especial" para ela das tres que tiña nominadas, ás que se sumaban outras tres da súa irmá Inma
Inma e Yolanda Purriños
photo_camera Inma e Yolanda Purriños

Yolanda Purriños vén de gañar un premio no Concurso Nacional de Fotografía, un certame que se convocaba por primeira vez e no que a artista chairega contaba con tres nominacións, ao igual que a súa irmá Inma.

O xurado acordou concederlle o segundo premio á fotógrafa vilalbesa na categoría de retrato, un galardón que ela mesma recolleu nun acto celebrado na cidade de Segovia e que estivo organizado pola Federación Española de Fotógrafos Profesionales.

«No puedo estar más feliz por este reconocimiento», asegurou a artista, que ademais conquistou ao xurado coa fotografía máis «especial» para ela de todas as que recibiron unha nominación.

«Se trata de un retrato muy puro de un desnudo de una chica entrada en kilos», explicou Yolanda, fancendo fincapé en que a modelo «ha demostrado una valentía increíble».

«La gente siempre busca verse favorecida y ella me ha dado la oportunidad de mostrarla real, tal y como es», engadiu a fotógrafa premiada, defendendo un traballo que lle apaixoa.

A familia Purriños está de noraboa por partida dobre, xa que a máis pequena da saga tamén acaba de recoller outro galardón. Inma Purriños recibiu de mans da federación o título de mestra fotógrafa instrutora, en recoñecemento «a su creatividad y excelente calidad técnica, por su contribución a mejorar y dignificar la profesión, así como su compromiso con la formación continua en el sector».

Comentarios