Forza Lugo, pero mellor con apoio social

SÁBADO, día de partido. Visita o Anxo Carro o Rácing de Santander, equipo que a pasada tempada competía con Bar- ça e Madrid en Primeira División; e hai catro anos derrotaba na Uefa a Manchester City e empataba en París co PSG, si, ese mesmo que disputará co Barcelona os cuartos de final da Champions. Certo que daquela os franceses eran menos poderosos, en contraste cos cántabros, vidos a menos. Pero ambos os dous clubs teñen en común que non son dos socios, os propietarios chegaron de fóra, de Catar o do PSG e de India o do Rácing. Algo parecido pode ocorrer en Lugo se a masa social non alcanza a metade das accións da SAD, e moito falta para iso. Se non mantemos o equipo en Segunda A, terá que volver a Segunda B. Os afeccionados lamentaríano, pero só deles depende. A cidade coas súas achegas, non só o equipo co seu xogo, colocará ao club na categoría que mereza. Forza Lugo.

Comentarios