Formación dende o berce

CHA0904P1F1.JPG
photo_camera CHA0904P1F1.JPG

A desaparición de Preescolar na Casa deixou un baleiro na atención aos nenos e ás nenas de curta idade das zonas rurais, moitos deles afastados das garderías ou dos puntos de atención a infancia e que están maioritariamente rodeados de persoas maiores. Para paliar esta situación naceu o proxecto Educando en Familia, posto en marcha por antigas mestras de preescolar co fin de darlle continuidade a unha iniciativa que tiña moi boa acollida entre as familias.

O novo proxecto, comandando na comarca chairega pola guitiricense Ana María Vázquez Lorenzo, está a ser todo un éxito de participación nesta primeira convocatoria, ao sumárense máis dun cento de familias nos catro concellos que colaboran coa iniciativa.

En Vilalba son 60 os nenos que participan, repartidos en varias reunións os mércores e os xoves no concello e unha máis na escola de Árbol. O segundo concello por número de familias inscritas é Guitiriz, onde hai 25 pequenos entre os encontros do coleixo Lagostelle, da antiga escola do Buriz e do colexio de Baamonde, a onde van dous nenos de Pígara e un terceiro de Rábade. Tamén en Begonte, concretamente na escola de Damil, hai unha xuntanza con nove familias e no colexio de Xermade son 16 os participantes en Educando en Familia.

 

 
 

 
0'0 (0 votos)

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios