Foliada ao grande en Pol para homenaxear os emigrantes

Un grupo de amigos celebrando a xornada do emigrante na carballeira de Mosteiro de Pol. (LARA LOZANO)
photo_camera Un grupo de amigos celebrando a xornada do emigrante na carballeira de Mosteiro de Pol. (LARA LOZANO)

Mosteiro é o lugar elixido desde o ano 1983 para celebrar a Festa do Emigrante, unha xornada de recordos onde cadaquén anhela as súas estancias no estranxeiro pasadas, e non tan pasadas, á vez que se reúne cos seus familiares e amigos arredor dunha mesa chea de produtos da terra e de historias de tempos pretéritos. A trixésima primeira edición desta cita que se consolida no calendario chairego celebrouse durante a xornada de onte na carballeira da cabeceira municipal de Pol.

A polense Patricia Otero procedeu á lectura do pregón, logo dunha misa solemne cantada pola Escuela Gregoriana Lucense. A deseñadora gráfica falou da súa traxectoria tanto profesional coma persoal facendo fincapé na súa condición de emigrante ao marchar primeiro para Salamanca e logo a Madrid para continuar a súa formación académica.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios