''Foi un grande artista pero un mal pai'', di o fillo de Leopoldo Nóvoa

José Ramón, primoxénito do artista galego Leopoldo Nóvoa, recentemente falecido en París, non ten bo recordo de seu proxenitor, co que non mantiña relación. ''Foi un grande artista e pode que boa persoa, pero un mal pai'', di para Faro desde Venezuela este destacado cineasta, nado en Montevideo en 1954.

O director de Produción da TVG vai ser distinguido polo Vaticano
Lido en El Correo Gallego: ''O Vaticano imporalle a Javier Valderrama Currás, director de Produción da Televisión de Galicia, a distinción máis alta que entrega a Igrexa católica a cristiáns laicos: cabaleiro da Orde Pontificia de San Gregorio Magno. O motivo: a cobertura e difusión da visita do Papa a Galicia''.

O conde de Fontao, asesor do Rei, goza de gran consideración en Foz
Faro de Vigo dedicaba onte unha reportaxe a José Manuel Romero, nado en Madrid en 1940 pero que ostenta o título de conde de Fontao desde 1993. Na parroquia de Fazouro (Foz) todos coñecen este home, asesor do Rei no caso dos negocios de Urdangarín. E coinciden ao definilo como ''bo, próximo e educado''.

Comentarios