Miércoles. 19.12.2018 |
El tiempo
Miércoles. 19.12.2018
El tiempo

Finalizou a rodaxe da primeira película LGTBI en galego, filmada en Xove

Momento da rodaxe, nos dolos de Morás (Xove)
Momento da rodaxe, nos dolos de Morás (Xove)
O Concello xovense financiou parte da obra do autor local Lázaro Louzao, que conta a historia dunha parella nos anos 90

Nove de novembro é o primeiro filme que centra a súa historia na comunidade LGTBI (Lesbianas, Gais,Transexuais, Bisexuais e Intersexuais) e que emprega o idioma galego como lingua vehicular. O martes foi a derradeira xornada de gravación e dende o Concello de Xove reiteran o apoio que lle ofrecen á longametraxe.

Parte da rodaxe tivo lugar en Morás no mes de xullo, cando se filmaron algunhas escenas en zonas como a escombreira de dolos. Con todo, a maior parte das escenas localízanse na cidade da Coruña –barrio das Flores e Elviña– onde o director, Lázaro Louzao, reside. O cineasta xovense resaltou a relevancia do filme pois "non é a primeira vez que aparecen personaxes gais ou lésbicos nun filme galego pero si é a primeira vez que ocupan a centralidade da historia".

O proxecto está previsto que se estree a comezos de 2018 e está financiado exclusivamente por crowfunding, inversores particulares e polo Concello de Xove, contando tamén coa colaboración do Concello da Coruña. As microachegas recaudaran un total de 10.167 euros en pouco máis dun mes –entre febreiro e marzo deste ano– colaborando nel un total de 248 mecenas.

Xove terá un lugar dentro da historia da filmografía galega ao contar co primeiro director que dirixe unha película enfocada nesta comunidade á que segue sendo necesario dar visibilidade. "O ideal é que non se quede aquí, non vai a ser a miña única película LGTBI". comentou Louzao.

TRAMA. Unha década de vida en parella para Roberto e Miguel comeza a sufrir cambios a raíz duns recordos que mudan aos personaxes. Paralelamente, a máis de 2.000 quilómetros de distancia, no Berlín dividido, outra relación moito máis grande –entre estados– tamén está a punto de cambiar.

A caída dos muros en cadansúa relación é o eixo que vertebra este filme que verá a luz coa súa estrea a comezos de 2018.

Finalizou a rodaxe da primeira película LGTBI en galego, filmada en...
Comentarios