martes. 16.07.2019 |
El tiempo
martes. 16.07.2019
El tiempo

Hijos singulares de Castro de Rei

Espacio dedicado a Xosé Trapero Pardo.
Espacio dedicado a Xosé Trapero Pardo.

Uns anacos de madeira centenarias e a visión creativa de Anxo Lamas abondan para darlle forma a unha colección única e irrepetible, unha exposición de 24 táboas dedicadas a 22 creadores do municipio de Castro de Rei que xa pode verse na casa de cultura de Castro de Ribeiras de Lea.

«É unha homenaxe ós meus conveciños, que ademais de atender a súa vida cotiá buscan tempo para facer outras cousas», explica Anxo Lamas, quen non ve esta colección como algo pechado, senón que está disposto a deseñar e incorporar novas táboas á colección se quedaron no tinteiro outros ilustres persoeiros do municipio chairego.

«Quedou moi bonito, a verdade é que a casa da cultura é unha xoia», comenta o autor, que se representa a si mesmo en tres táboas, como escultor, pintor e escritor. Xunto a Anxo Lamas hai escritores, pintores, poetas, escultores e un zoqueiro, que na mostra non están agrupados pola súa arte, senón que se ordenan alfabeticamente.

Consiga AQUÍ la información completa

Hijos singulares de Castro de Rei
Comentarios