A filla do alcalde de Cesuras casa (ou fusiónase) cun veciño de Oza

Julián Lucas, o alcalde de Cesuras, levou o seu proxecto de fusión con Oza dos Ríos ata as últimas consecuencias. Tanto é así, que incluso deu exemplo familiarmente. O sábado casou a súa filla, Paloma, co seu noivo de toda a vida, Pablo, veciño de Oza. Ao enlace tamén asistiu o alcalde deste concello, Pablo González.

Víctor Vázquez Portomeñe e Otilia Seijas celebraron as vodas de ouro
Víctor Vázquez Portomeñe, ex conselleiro, ex senador e ex voceiro parlamentario do PP, así como impulsor do fenómeno do Xacobeo, e a súa dona, a escritora Otilia Seijas, celebraron os 50 anos de casados en Cacheiras (Teo). Acompañáronos os seus tres fillos, as dúas netas e varios amigos.

Blanca Cendán e Leo Bassi están no medio de senllas controversias
O BNG ve ''unha nova mostra de sectarismo'' da Xunta no cesamento de Blanca Cendán como directora do Centro Dramático Galego, ao parecer por ceder o Salón Teatro para un acto reivindicativo. Tamén houbo polémica política coa cancelación dunha actuación de Leo Bassi polo Concello de Santiago. Ía ser o día 10.

Comentarios