Figueroa:''Queremos reunir 500 motos para celebar nuestro primer aniversario''

Carlos Figueroa. Presidente do Motoclub de Redondela


P ¿Un sinónimo de Galicia?
R Calidade.

P ¿Que quería ser de pequeno?
R Moteiro.

P ¿Un grupo de música para escoitar sobre a moto?
R Cómplices.

P ¿Un lugar para perderse?
R A serra do Xurés, por exemplo. Un sitio tranquilo, sen coches e con algunha que outra curva.

P ¿Unha moto favorita?
R Sempre me gustaron as custom. Eu teño unha Suzuki Intruder 800.

P ¿Como naceu, hai un ano, o Custom Motoclub de Redondela?
R Na vila non había ningún motoclub e decidimos montalo entre o meu cuñado, un veciño e mais eu.  Desde entón asistimos á meirande parte das concentracións moteiras que hai en Galicia. Pasamos de ser 4 socios a 43 e estamos tendo moi boa aceptación entre toda clase de motos, desde erres, scooters e customs. O noso obxectivo no aniversario é reunir 500 motos.

P ¿En que consistirán as actividades do vindeiro día 14?
R Faremos unha ruta moi bonita pola comarca e pasaremos diante do castelo de Soutomaior, que ten unhas vistas excelentes. Logo sortearemos regalos, actuará un grupo de folclore e acabaremos cunha queimada para os asistentes.

Carlos Figueroa Fernández

Nado en Pazos de Borbén en 1969, é o presidente do Custom Motoclub Redondela, que o sábado 14 celebra na villa o seu primeiro aniversario.

Pódese contactar con eles no 678 869 563 ou no correo [email protected]

 

Comentarios